A)
DEFINICIÓN
Suave , profunda, alongada e elevada chaira totalmente adicada a prado, que a modo de atalaia , vai en claro descenso cara o val do norde do Trobo ( Vilacampa norte); sul dos Regos, e o berce do Rego da Silvosa; Leste, o
cordal a separa da fértil chaira da A Silvosa e Oeste, As Balsadas
e a sua chaira que nos leva os pés dos Penidos.
A
modo de poligono romboidal temos a base norte: 211 m; a base sul:
945 m; o cordal limitando o leste con a Silvosa, 734 m ; e Oeste , os
altos outeiros que a delimitan dos baixos de Vilacampa; 722 m.
A meseta do Curvel tèn unha superficie
46,95 Ha. e unha lonxitude total de 2,4 km.
|
´Fixádevos que dentro da grande chaira do Curvel, xusto á entrada fica moi marcada unha superficie ovalada... |
|
Vista xeral da chaira do Curvel, no fondo da imaxe. |
B)
XENERALIDADES
Pequenas depresións actuan de lindes na
zona do Curvel.
No Curvel confluien varios antigos camiños, tales como o camiño de montaña que ven do Penido Novo, os que suben do Castro a travès da Silvosa, os que suben da chaira tumular de Vilacampa, etc. en xeneral moi trillados.
Xacigos.- Posible asentamento, 2 pedrafitas e estructuras de
muros naturais no outeiriño.
B.1.1 TERRA
B.1.2-
Orografía
Pequenas
depresións que actúan de lindes na zona do Curvel.
B.1.3 Outeiros .-
635
m
B.1.4..-
Chairas.-
Chaira
da Veiga e do Curvel m
635 m
B.2.1
VEXETACIÓN
B.2.2
Tipo monte baixo e prado.
B.2.3.
Especies crecemento .- Pinos
pola sua contorna.
B.3.1.- .1.1. AUGAS
B.3.2
.- Cauces.- Un forte cauce destácase dos demáis , atravesando a chaira do Curvel.
B.3.3
.-Depresións.- Pequenas depresións atravesan a chaira.
B.3.4
.- Ruta - Dous pequenos leitos corren , atravesando a chaira do Curvel en dirección leste-oeste, e outros tantos en dirección sul-norde, atravesando o suave cordal para ir desembocar no Rego da Silvosa, no seu do seu val.-
B.3.5.- Berces.- A planicie do Curvel é fértil, con mais de un rego pequeno que baixa cara as chairas de Vilacama. É por tanto moi posible que un chisco mais arriba da planicie do Curvel sexa fogar de berces de novos cursos de auga. Non obstante está o carón dos Regos.
B.3.6.- Fontes.- Posibles
C)
HÁBITAT
C.1.1.- Cercados poligonais
abertos e pechados Liñas
ou camiños bordean promontorios circulares na confluencia con o sul
da Silvosa. En
xeral, longas liñas rectas .
Medidas xerais: entendemos o Curvel como un trapecio onde as suas bases miden 945 e 211 m respectivamente, e 734 m a cara dereita ( o cordal) e 722 m ( a liña de chantos e muros), tendo unha lonxitude de 2,4 km e unha superficie de 46,95 Ha.
C.1.2.- Camiños principais
.-
Moi
usados e marcados.Dende
o promontorio de a Veiga, iniciase unha suave baixada que remata no
tramo da estrada Ferreira-Viveiro en forma de "bota" e
dende o seu "tacón" tén o seu berce unha pista que vai
atravesar a Veiga e a Silvosa con destiño final as Parañoas.
D) TOPONIMIA.- Curvel, Os Regos, A Veiga
E) XACIGOS ( ver en seccións)
F)
AS SECCIÓNS :
|
Acordádevos que temos cada Zona diseccionada en 4 seccións, e éstas a sua vez de 9 subseccións. Diste meticuloso xeito, seremos capaces de detectar o instante cada xacigo , e facilitar a sua búsqueda in situ. |
Sección
A
1.-
Xeografía.- Pinar
de acceso, rego de Vilacampa que baixa e atravesa a estrada.
2.- Patrimonio.- .- Deixando o principio da chaira tumular de Vilacampa, subimos ó Curvel por unha pista ( a poucos de deixar o Chan das Arcas) a nosa esquerda... e a 300 m antes de chegar o Curvel, no pinar da nosa esquerda atopamos varios posibles túmulos
|
Coidamos moito de toda "novidade" que fique a beira dunha pista, porque podería tratarse só dun acumule de terra provinte da construcción da mesma. Neste caso esta grande masa tumular non è confusa, pola sua estructura e por estar a máis de 10 m da pista.
|
|
Nestas duas fotos observamos a clásica "Mesa"; xacigo moi común que, como outros moitos, perteñécen a unhas famillas de xacigos todavia non clasificados como tales e por conseguinte, desprezados. |
|
Rescatamos esta pena a carón da pista . |
|
En conxunción cos xacigos que nos preceden neste curto tramo do bosco de subida o Curvel, pásovos estas seis fotos pertenecentes a un gran túmulo xa esnaquizado pero con un grande esteo de pé.... mais poderiamos equivocarnos, e este esteo ser unha pedrafita, podendo moi ben non pertenecer como parte da estructura, senón que ficaría independente.
|
Sección
B
1.- Xeografía.-
Entrada principal á chaira do Curvel, convertida nunha grande plataforma cunha forte aba cara o norde.
2.- Patrimonio.- .-
Castro de Vilacampa. Na Chaira do Curvel, ainda que ficando totalmente a prado, intúese estructuras habitacionais no seu interior. Na extensión da Chaira non se observan demasiados complexos pétreos; ficando dous fortes refuxios no oriente da chaira; o carón do cordal de separación da Silvosa.
No occidente, un pouco mais o sul do camiño de entrada existe unhas fortes penas espalladas a pouca distancia. Rexeitamos a sua contextualización como túmulos por varias razóns: a sua situación dominante e privilexiada; a área na que están situadas ficando no seu centro unha grande lousa chan a modo de mesa. Polo tanto, elevamos a sospeita ( nunca definitiva) da existencia alí dun circulo de pedras.
|
Asi, tal cual, fáisenos dificil a sua composición nunha estructura concreta; mais non descartamos que ali existira un circulo de pedras. |
|
O Circulo petreo situamos a entrada na Chaira do Curvel a esquerda, segun a imaxe. |
|
Vista da parte oriental do Curvel e do suave cordal que o limita con a Silvosa, do que podedes ollar o camiño vertebrador do val da Silvosa a vosa dereita. |
|
Vista central e occidental da Chaira do Curvel, lindando cos Regos. |
|
Tres vistas da estructura central dun dos pasos fluviais dun pequeno rego , xusto no seu punto de baixada cara a Silvosa, no curuto do Cordal de separación. |
|
Eiqui tedes tres vistas distintas de un dos poucos refuxios que fican na chaira do Curvel. Concretamente este fica na vertente oriental, a poucos do Cordal de separación con a Silvosa. |
|
Vista trasversal do Curvel |
|
Vista oriental da chaira do Curvel |
|
Pedrafita principal sinalando o fondo da chaira do Curvel. Esta imaxe e as duas que a preceden vos poden dar unha ideia da finalidade e lugar da ubicación da Pedrafita, sempre inzadas en lugares privilexiados. Está situada diante do outeiro, na sua aba. |
|
Esta imaxe e as duas que a preceden sinalan a segunda pedrafita da serie ( Truncada), situada o exterior do outeiro. |
|
Tipo de pedra circular. |
|
Parte dunha estructura, posiblemente pedrafincada. |
|
Pedrafita situada no final dos Regos , a beira do camiño cara o Curvel ( esta e as duas imaxenes que a preceden) |
|
Pechamos a relacion de pedrafitas na área superior entre Os Regos, A Veiga, camiño cara o Curvel con esta imaxe e a que a precede |
|
O chan da meseta do Curvel está totalmente a prado, mais podense ollar pequenos restos de penas esparcidas. Non se atoparan gardando un orde estructural. |
Sección
C
1.- Xeografía.-
Liña arbolada colindando con liña de pedras que a modo de antiguo muro, delimitaba territorialmente a chaira pola sua parte occidental, na que a aba é bastante pronunciada, bordeando A Veiga.
Sección
D
1.- Xeografía.-
Outeiro do Curvel, e zona de baixada cara a fértil área dos Regos, onde tén o seu berce o Rego da Silvosa. Leito do camiño forte que vén dos Penidos.
2.- Patrimonio.- .. 2 Pedrafitas, e leito do camiño vello dos Penidos. No Outeiro obsérvase estructura pétrea natural traballada a modo de parede curvanun ab rigo ; semellando unha parede doble en rocha natural. Na aba norte do outeiro, grande pedrafita, e no seu exterior , segunda pedrafita.
|
"Parede curva " no complexo pétreo do outeiro do Curvel. |
|
Por último, dende este outeiro do Curvel podemos ollar o camiño que une esta Área con o Penido Novo, atravesando A Veiga e Os Regos . As pedrafitas atopadas polas beiras deste camiño dán unha ideia da sua antiguedade. |
G)
OBSERVACIÓNS .- Podemos definir esta grande Chaira do Curvel como un asentamento ocupado en diversas etapas ; moi posiblemente a ocupación máis forte deriva do Neolítico , predecesor dos refuxios anteriores do Paleolítico alí existentes; para finalmente constituirse no lugar principal da grande necrópolis existente en todala sua bisbarra, cun forte circulo de pedras ou Cromlech, situado no lugar predominante a entrada do recinto.
TINN TIGER IN MUR CONCERT
ResponderEliminarTINN TIGER IN MUR CONCERT. SKU: TIGER titanium trim as seen on tv IN MUR CONCERT TINN TIGER IN MUR CONCERT. SKU: TIGER IN grade 5 titanium MUR how strong is titanium CONCERT. SKU: TIGER titanium vs stainless steel apple watch IN MUR titanium jewelry CONCERT. SKU: TIGER IN MUR CONCERT.
x663m7htckz369 horse dildos,japanese sex dolls,G-Spot Vibrators,sex toys,love dolls,sex dolls,vibrators,wholesale sex toys,dildo z607p5cbbhh191
ResponderEliminar