https://preliminaresdaserradoxistral.blogspot.com/

domingo, 4 de agosto de 2019

S2. SILVOSA



                                 S2.- A SILVOSA




Recordándovos os limites deste traballo sobre a parte Septentrional do Xistral, fixamos o norte o longo da estrada de Ferreira a Viveiro, partindo en dous a Área de Vilacampa; sempre agardando a poder no futuro ampliala. Na parte sul da foto fica a Silvosa, e acougado polo "arco" que forma a estrada, o Castro de Vilacampa.


Duas vistas dunha idílica, protexida, quasi intocable e abeirada chaira onde o Rego da Silvosa é o dono absoluto, enchendo de vida e historia este recuncho. A dereita está abeirado polo gran cordal de pequenos outeiros da alta meseta do Curvel.  No fondo, a Camposa; parte baixa do Penido Novo e a esquerda o mazizo pétreo que polos seus impotentes refuxios chamarémoslle " Penedos das Catedrais".
Fixádevos en primeiro término a esquerda unha pequena elevación...


A) DEFINICIÓN 


Alargada, ancha grande e fértil chaira de terreo encharcado onde o brezo mixtúrase con plantas acuáticas e abeirada polo cordal do Curvel e o gran mazizo das Catedrais, abrindo o leito do Rego da Silvosa, que torce dende o seu berce ( nos Regos) bordeando o cordal do Curvel e torcendo despois cara o actual povoación da Silvosa que linda con a Sabugueira dende os varios e pequenos outeiriños que abren o paso.

Detrás do depósito de auga elévase un pequeno outeiro limpo de monte baixo e poderiamos decir que  " a erba" con algunha mámoa dispersa.
Partindo do depósito de auga, seguimos o camiño de terra ate que un cercado nos impida seguir adiante. Imos avanzando e deixando a nosa dereita o cordal do Curvel e a esquerda o leito encharcado da influencia fluvial do Rego da Silvosa.

Nesta foto vemos a chaira da que vos faláramos na foto 1, observadores que está limpa de monte baixo e poderiamos decir que a prado. Parecéunos interesante esta planicie , salpicada por algunha elevación brusca de monte baixo, compatible con un xacigo tumular.   

Esta pequena chaira está a metade de camiño entre a Sabugueira e a Silvosa, unha vez pasada a depresión do centro  do lugar da Silvosa. Na foto está detrás do depósito de auga unha vez pasado o regato da Silvosa.

Tumulo

Emplazamento elevado no medio da chaira, salpidado de grandes penas semienterradas.

Vista xeral desta pequena chaira carente de monte baixo


B) XENERALIDADES


B.1.1 TERRA-

B.1.2 .- Orografía .- Terra de traballo situada a rentes do Castro formando unha suave aba do seu outeiro que desemboca na chaira da Silvosa, franqueada polo Cordal do Curvel e o Mazizo das Catedrais, os Regos e a Santana.

B.1.3. Outeiros  . Varios outeiros moi pequenos fican no medio da chaira no seu inicio, para ir desaparecendo, formando unha lengua que chega ate os límites da grande estribación do Penido Novo a través do seu Lombo da Camposa con os que conforman a pequena cordillera dos Penidos : ( Macizo das Catedrais 554 m, Curvel 634m e o seu recando do Rego da Silvosa 541m, e o seu cordal 538,, o Castro 454 m , Os Regos 662 m e o lugar do berce do Rego da Silvosa 608 m, e o outeiro o carón da Catedral 501, con o centro da Silvosa 478 m

B.1.4..- Chairas. Gran chaira da Silvosa na que fluien varias terrazas pequenas da aba do mazizo das Catedrais.


B.2.1   VEXETACIÓN

B.2.2
Polo centro da chaira da Silvosa, temos terreo para pasto, rico en auga. Plantas acuáticas, e monte baixo nos terrenos que limitan co cordal do Curvel.


B.2.3. Especies crecemento .-   Pola sua beira lindando con con a Sabugueira escomenzan as plantacións de eucaliptus que se prolongan cara toda a Sabugueira.

B.3.1.- .1.1.     AUGAS

B.3.2 .- Cauces e Concas..-  Conca do Rego da Silvosa que tén os seu berce na estribación dos Regos 608 m. Existe un segundo rego que tén o seu berce na metade da Chaira da Silvosa e que pasa a rentes do Castro.
B.3.3 .-Depresións.- Suaves altibaixos do terreo completamente abeirados por sendas formacions montañosas, formando un val cunha climatoloxía propia.
B.3.4 .- Rutas.-  Grande planicie alterada por accidentes de terreo a modo de suaves outeiros.
B.3.5.- Berces.-  Dous berces. O primeiro na metade da Chaira dun pequeño rego que pasa a rentes do Castro, e o berce dos Regos do Rego da Silvosa.
B.3.6.- Fontes.-  Non as temos localizadas, ainda que moi posiblemente existan varios puntos concretos e moi usados na antiguedade.

Temos o camiño da Silvosa cortado a 200 m sin alternativa da paso

Na marxe dereita do camiño vai o suave Cordal que separa a Silvosa do Curvel

Na dereita da foto vedes mellor a lonxitude do Cordal do Curvel. No fondo , os Penidos. 

Vista xeral da Chaira da Silvosa. Na amplitude da mesma vai o Rego da Silvosa, serpenteando e pasando a rentes dun posible asentamento.

Situámonos mais ou menos na metade da chaira para tér unha ideia da vexetación e dos altibaixos da sua xeografía.

No fondo do Val da Silvosa aparecenos novos camiños que suben cara os Penidos , a Sabugueira e a Santana.

Vista xeral da Silvosa dende o norte da Camposa  . Nela podedes apreciar o camiño a esquerda que vos servirá de referencia para situar os tramos dos que vimos falando.


C) HÁBITAT

C.1.1.- Peches e Cercados .-
Longos e rectos cercados na bisbarra da Santana; existindo pequenos peches na bisbarra do Castro. Toda esta contorna achairada está pechada totalmente por longas ringleiras de arame e as suas pistas de acceso convenientemente pechadas sin alternativa de paso, o cal fai imposible o acceso o camiño que circunda a Chaira da Silvosa, o non sér baixando directamente polos camiños do Cordal do Curvel.

C.1.2.- Camiños principais .- 

Camiño principal que parte do Castro , profundiza a través da Chaira da Silvosa e baixa a través do Lombo da Camposa ate Veiga Mol, Parañoas e terras inferiores. Existe un antergo cruce de camiños na parte baixa do castro que comunica con camiños da Sabugueira e do Curvel.


D) TOPONIMIA  .-  Silvosa

E) XACIGOS
Refuxio / Atalalaia nun lugar predominante con pleno dominio da grande Chaira da Silvosa

Facemos constar a nosa sospeita de ocupación esta pequena elevación ( detrás do depósito de augas), cuia falta de monte baixo delata unha alteración do chan cecáis pola presencia dalgun tipo de fábrica . Constatamos a presencia dun túmulo.



Xusto na beira do camiño, e onde aparta outro sendeiro que nos levaría a esta zona noutrora ocupada fican estas duas pedras; sendo a mais pequena compatible cunha arcaica ferramenta de traballo .


F) AS SECCIÓNS :


Sección A

1.- Xeografía.-  Bisbarra do Castro , con as suas antergas terras de influencia. Sempre presente un regato...
2.- Patrimonio.- .- Zona de influencia directa do Castro. No S2/A/8 detectamos peche ovalado con camiños de entrada e cruce da Chaira, existindo no S2/A/6 probas da alteración da paisaxe. Nos altos da pequena chaira S2/A/5 detectamos unha posible mámoa, ben poidendo existir máis mostras da presencia do home nesa contorna concreta.

Ainda que non o pareza, ahí tedes un emplazamento dun recinto fortificado da idade do Ferro ( aparentemente ) , tamén chamado Castro de Vilacampa. A croa sitúase enriba do prado; e como sabredes, toda esta bisbarra estivo moi traballada tanto na idade contemporánea do asentamento como en épocas anteriores ou posteriores. Desta volta non podemos informarvos de nada máis, dada a imposiblidade de acceso... polo momento.

Unha cancela sepáranos da estrada; de feito esta chaira da Silvosa está completamente aillada. Os peches de cancelas  sen alternativa de cruce é unha constante a través de todolos pasos da Silvosa, facendo imposible o paso a través da Sabugueira e da Camposa.... o non sér que reptes cuán serpe  ou saltes polos arames. Igualmente para vadear o sortear os regos da Silvosa teráste que buscar a vida...


Sección B
1.- Xeografía.- Rego da Silvosa que baixa de dereita a esquerda, formando unha depresión que corta de dereita a esquerda esta sección. Conexión anterga co norte e leste ( Sabugueira). Conexion anterga norte e oeste.
2.- Patrimonio.- .- Non estudado ante a imposilidade de acceso.

Sección C
1.- Xeografía.- Grande chaira encharcada do Rego da Silvosa. Un gran cercado divide a zona. Conexion anterga o oeste ( Curvel).
2.- Patrimonio.- .- Posiblemente existan asentamentos anteriores o asentamento do Ferro existente.

Sección D
1.- Xeografía.-  Grande macizo de 561 m “das catedrais” con conexion anterga o leste, detrás do grande mazizo cara a Santana.
2.- Patrimonio.- .. Moi posiblemente os fortes e profundos refuxios naturais deste macizo foran reclamo para a presencia moi activa dos cazadores do Paleolítico, con posible traslado o principio do Neolítico, expandidos a propia chaira do seu pé. Todavía non a temos estudado ante a imposiblidade de acceso.



Macizo das Catedrais dende a Camposa

As Catedrais vistas dende o Curvel

Bisbarra oeste do Macizo repovoada de pinos

Aba do Macizo salpicada de grandes afloramentos.



Unha boa proba que delatan a ancestral presencia humán son aquelas pequenas construccións que facilitan os pasos ante problemas engadidos, ( os camiños fanse moi marcados e profundos, xunto con grande cantidade de lousas que facilitan o acceso;  nesta ocasión con un paso do Rego da Silvosa.

G) OBSERVACIÓNS .- 


             Subida a atalaia do Curvel polo seu Cordal




Para atravesar este cordal e achegarnos subindo o Curvel ou baixando a Silvosa teremos que atopar os diferentes pasos....


Na metade deste cordal aparécesenos este estrano deseño. Obviamente semella un cerrado , mais o estrano da sua soidade...

Unha vista do maxestuoso cordal. No fondo, os Penidos.






miércoles, 31 de julio de 2019

S1.- SABUGUEIRA



1.- CONXUNTO ETNOGRÁFICO DE VILACAMPA


S1.- SABUGUEIRA




                        


Na Sabugueira , na pista que a vertebra e que tén a Silvosa co seu castro a sua dereita.

A) DEFINICIÓN 

Zona de monte baixo con camiños de tránsito reconvertidos en pistas de traballo forestal , cun alongado outeiro no seu centro, con posiblidad de contér algun tipo de estructura imposible de detallar por estar todo o seu perimetro cegado a selva e o seu nivel considerablemente aumentado ante esta masiva explotación eucaliptal.

B) XENERALIDADES


B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía Suave macizo central ( A) con posibles peches na cota 468., baixando ate os 340 (B,C,D).
B.1.3 Outeiros .-  Outeiros 465, 468, 463 m ;  promontorio central ( 456) e terrazas

B.1.4..- Chairas.- Pequenas e alargadas polo oeste.


B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte baixo.
B.2.3. Especies crecemento .- Terreo plagado de especies arbóreas de crecimento rápido ( eucaliptus), formando en sí mesmo unha grande plantación sen respetar os camiños antigos interiores, dos cales só respetáronse e ampliáronse os útiles para só para acceder as plantacións para corta e traslado das especies. Esta dinámica unida a carencia de camiños interiores e as fortes pendentes dificulta moito a incursión e estudo pormenorizado desta zona.

B.3.1.- .1.1.AUGAS

B.3.2 .- Cauces e Concas..- Ocasionais en temporada de choivas.
B.3.3 .-Depresións.-   Ocasionados polos plegamentos orográficos.
B.3.4 .- Ruta e Concas .- Non.
B.3.5.- Berces.- Non
B.3.6.- Fontes.- Non constan

C) HÁBITAT


C.1.1.- Cercados, Marcos, etc..- Poligonais abertos e pechados con aristas de 90 grados.

C.1.2.- Camiños principais .- Camiño principal de dirección leste e oeste ( cara a Silvosa) e sul, vertebrando esta contorna ( Cara o Rio Vao, atravesando o Mosteiro de Santana). Cruce de camiños no norde a 50 m da estrada e bifurcacións dos mesmos cara as zonas baixas. Temos en estudo os camiños antiguos que conectan o principal coa área da Silvosa.

D) TOPONIMIA.- Sabugueira.

E) XACIGOS

En fase de estudo, pésie a enorme dificultade que representa tér convertido esta zona nun enorme campo de traballo especializado no eucalipto con as conseguintes talas, pistas , nivelacións, etc, conseguindo unha radical cambio do terreo, reconvertíndoo nunha enorme plantación de eucaliptos. Non obstante en torno os camiños, altos e zonas abeiradas obsérvanse formacións pétreas a tér en conta no estudo tales como :
1) As cumes da Volta da Silvosa.- cota 468 m.
2) Alto das duas penas.


De cómo as pistas que vertebran esta área convértense en viais de paso das palas, tractores e maquinaria de corte de eucaliptus.


Según abandonamos a estrada Ferreira-Viveiro subimos por esta contorna, noutrora mais limpa que antóllasenos contén algunha caste de depósito arqueolóxico.... 



F) AS SECCIÓNS :

Sección A
1.- Xeografía.- Grande outeiro alongado con 3 Altos 465, 468, 463 m. Curva pronunciada da pista que vai a Santana.
2.- Patrimonio.- .- Posiblidade dun peche na cota 468m do promontorio.( S1A5), Alto das duas penas (S1A7)

Sección B
1.- Xeografía.- Pequenas chairas en baixada. Intransitable.
2.- Patrimonio.- .- Non estudado por intransitable.

Sección C
1.- Xeografía.-A pista cara a Santana baixa polo oeste, bifurcándose en outras no leste que baixan cara as terras baixas.
2.- Patrimonio.- .- Non se aprecian estructuras visibles polo espeso das plantacións, agás nalgunhas cumes. Neste pequeno outeiro  da foto, casi a carón da pista tén un pequeno conxunto de grandes pedras espalladas pola sua cume.





Sección D
1.- Xeografía.- Campo de chairas entrecruzándose pistas en dirección leste.
2.- Patrimonio.- .- Non se aprecian estructuras visibles .

G) OBSERVACIÓNS .-


Os accesos cara os cotos veciños quedaron eliminados en favor das grandes pistas ampliadas para o negocio dos eucaliptos.


Os accesos cara a Silvosa están cortados por alambradas tanto dende a  dereita (Sabugueira)  como dende  a esquerda (o Curvel), ficando as entradas sen  posiblidade de paso. Dende a estrada pasa exactamente o mesmo.


Este camiño  moi cegado en desuso é un exemplo dos antergos camiños que dende a Sabugueira achegábanse ate a Silvosa.





ESQUEMA XERAL DO TRABALLO PROPOSTO


TERCEIRA  PARTE










Asi pois, escomenzando ordeadamente polo norleste identificaremos cada ún destes conxuntos coas suas respectivas zonas, seccións e subseccións:

Entramos en materia con as Zonas correspondente a este segundo blog.


1. Conxunto Etnográfico de Vilacampa (S1, S2, S3, S4, S5, S6, S7)


martes, 4 de junio de 2019

SITUACION, LIMITES, METODO, PLANIFICACION E ACCESOS


                        9.- TERCEIRA PARTE.


9.1 .- SITUACIÓN

Situámonos na área norleste da Serra do Xistral, e que dominando a totalidade do Valadouro (Mariña Lucense), está inscrita dentro das provincias de Ourol, Muras, e Ferreira do Valadouro.


9.2 .- LIMITES

Esta área a estudar que nos propoñemos situarémola na zona norte, norleste da Serra do Xistral , (dos 43 º 33 27,89 N long. ate os 43º 30 10,31 N long. ; e dende os 7º 28 46,34 W ate os 7º 33 58,11W de latitude.), tendo 27,38 kilómetros cadrados de extensión.

Norde.

No seu Norte, limita cos seguintes lugares e referencias xeográficas:
Mouxada, Pé do Rio, Monte das Balsadas, Os Rubás, Vilacampa, o Trobo, Azureira e Ribadela. Fai de fronteira a propia estrada Ferreira-Viveiro

Leste.

Campo da Sabugueira, Casanovas, Pedralba, Moxoeira, Frexulfe, Monte de Ribeira.

Sul.

As Veigas, Albardo, Rego Cavado, A Fraga do Xesto, Porto do Rio, Alto de Onsolar, Pena Corral.

Oeste.

Zarza, Pereiro, Teixueiras, A Gallega, Calexos, Pedra Chantada, Coto de Vilariño, A Pena Grande, Pena Corral.

9.4 .- MÉTODO

1.- Acotaremos no mapa oficial a escala 1:25.000 a zona a estudar. (1 cm equivale a 250 metros).
Esta zona escollida, a dividiremos –polas suas cuadrículas xeográficas- en 49 partes ás que chamaremos “ZONAS”, que terán cada unha delas 1 kilómetro cuadrado.
2 .- Cada unha destas 49 zonas, a sua vez, ímolas dividir en catro partes cadradas, ás que chamaremos “SECCIÓNS”. Cada Sección terá 500 metros cuadrados.
3 .- Cada sección a dividiremos en 9 partes, ás que chamaremos “SUBSECCIÓNS”. Cada Subsección terá 166 metros cuadrados.

Tendo ese esquema presente, iniciaremos o traballo; indo , Area a Area , diseccionando o territorio comprendido, dende as Zonas ( 1km2) ate as subseccións ( 166 m ), tendo a finalidade de mirar metro a metro o terreno proposto para reflexar neste estudo os achadegos atopados

Para organizarnos no traballo, aparte da división pormenorizada en sección, que relatamos abaixo; cómpre tér en conta para cada sección datos tales como a propia definición xeográfica elemental como montes, chairas, cuncas fluviais, depresións, etc) , asi como as suas matizacións concretas tales como puntos de auga, zonas abeiradas, zonas de acceso, rutas do gando, Cotas outeiros, Chairas, Planta dos cercados, Liñas de marcos e lindes, Súbitos accidentes de terreo, Toponimia, Camiños e Relatorio posibles xacigos.
Creo que para realizar un bó e completo traballo, éste tén que ser metódico e pausado; explorando, comprobando e investigando absolutamente todo " aspirante" , para despóis trasladarlo o listado final, onde ademais dos datos concretos, figura un tanto por cen de vericidade do achádego atopado.


9.5 .- PLANIFICACIÓN



Areas
Letras
NOME
Superficie
Zonas
Seccions
Subseccións
1
Norde
S1/S7 
   Vilacampa
7 km2
7
28
252
2
Oriental Noroeste
A/B  (1, 2, 3 )
Sinás
6 km2
6
24
216
3
Oriental Norleste
1 ó 12
Os Penidos
12 km2
12
48
432
4
Oriental Surleste
13 ó 20
Terras intermedias
12 km2
12
48
432
5
Oriental Suroeste
C/D/E/F (1, 2, 3)
Terras Altas
12 km2
12
48
432

TOTAL



AREA SEPTENTRIONAL
49 km2
49
196
1764


9.6.- ACCESOS

Son varios puntos concretos dende onde podremos acceder a zona estudada.

NORTE ( a Área que nos interesa saber neste 2 BLOG)

Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 9 km de Ourol no lugar de Xestido coller desviacion a dereita e seguir ate Zarza, onde colleremos desviacion a esquerda, entrando na pista de terra. Teredes que estar atentos, pois a poucos metros colleremos duas desviacións, a primeira a esquerda e a segunda á dereita. Seguiremos rectos durante 3,30 km e chegaremos a Sinás.

Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 15,50 km de Ourol , no lugar do Trobo, no mesmo centro do lugar de Vilacampa atoparemos cun cruce onde colleremos a dereita. Esta pista de terra levarános en primeiras ó Campo da Arca e si seguides, levarávos a grande chaira tumular.

Dende a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 19,80 km de Ourol na área recreativa colleremos unha pista de terra ( a poucos collede a dereita ) que nos levará a zona da Sabugueira para acabar na Área da Santana.

LESTE.-

Dende a estrada de Ferreira a Abadín , a 3 km de Ferreira, no cruce das Naranxeiras colleremos a dereita ate subir o castro de Recaré polo seu Via Crucis, e pasado a Igrexa collemos desviación a esquerda para despois do lugar das Pardellas coller cruce a dereita, que nos levará a área recreativa do Curro da Rapa das Bestas de Santomé, para de seguido enfilar a estradiña de terra que nos levará o corazón dos Penidos.

Pista de subida no Escallal: Poderedes ir de dous xeitos :

1.- Proseguimos pista anterior despois do cruce os Penidos ( despois das Pardellas) , para atopar esta pista de subida a 2,91 km a dereita.
2.- Proseguimos pola Estrada de Ferreira o Cadramón, e pasado 250 m de Frexulfe, a 6, 8 km de Ferreira, no cruce do lugar do Pazo coller a dereita. Continuaredes 1,68 km ate bater con esta mesma pista de subida a esquerda.

Nesta mesma estrada Ferreira-O Cadramón, poderedes continuar , e a 2,50 km desde Frexulfe, no lugar de Freixido atoparedes pista a dereita que seguiredes ate bater con esta pista reseñada anteriormente.


SUL  :

Dende a estrada de Ferreira a Abadín no km 12, antes de entrar no lugar do Cadramón colleremos pista cara o lugar de Albardo que pasaremos e seguiremos a liña eólica ate achegarnos as chairas tumulares dos Xestos e terras baixas da Serra do Xistral.

Dende a estrada de Ferreira a Abadin, a 2, 17 km despois de pasado o lugar do Cadramón e enfronte da Capela de Santa Filomena colleremos a dereita unha pista que nos levará as terras altas da Serra do Xistral.

OESTE.-

No lugar de Silán, entre os lugares de Igrexa, O Candeal e o de Castrosol tén o seu berce unha pista que nos levará o Parque Eolico da Pena Grande. Seguindo pola pista principal levaranos o Alto de Onsolar; unha das cumes da Serra do Xistral.





S5 ERBELLÀS

Area xeogràfica de Erbellàs/Cotoxesto                                                 S5.- ERBELLÁS A) DEFINICIÓN Área ocupada...