https://preliminaresdaserradoxistral.blogspot.com/

sábado, 23 de noviembre de 2019

S3 O CURVEL


                                   S3.- O CURVEL






A) DEFINICIÓN 

Suave , profunda, alongada e elevada chaira  totalmente adicada a prado, que  a modo de atalaia , vai  en claro descenso cara o val do norde do Trobo  ( Vilacampa norte); sul dos Regos, e o berce do Rego da Silvosa; Leste, o cordal a separa da fértil chaira da A Silvosa e Oeste, As Balsadas e a sua chaira que nos leva os pés dos Penidos.
A modo de poligono romboidal temos a base norte: 211 m; a base sul: 945 m; o cordal limitando o leste con a Silvosa, 734 m ; e Oeste , os altos outeiros que a delimitan dos baixos de Vilacampa; 722 m.
A meseta do Curvel tèn unha superficie 46,95 Ha. e unha lonxitude total de 2,4 km.


´Fixádevos que dentro da grande chaira do Curvel, xusto á entrada fica moi marcada unha  superficie ovalada...

Vista xeral da chaira do Curvel, no fondo da imaxe.



B) XENERALIDADES

Pequenas depresións actuan de lindes na zona do Curvel.
No Curvel confluien varios antigos camiños, tales como o camiño de montaña que ven do Penido Novo, os que suben do Castro a travès da Silvosa, os que suben da chaira tumular de Vilacampa, etc. en xeneral moi trillados.  
Xacigos.- Posible asentamento, 2 pedrafitas e estructuras de muros naturais no outeiriño.

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía  Pequenas depresións que actúan de lindes na zona do Curvel.
B.1.3 Outeiros .- 635 m

B.1.4..- Chairas.Chaira da Veiga e do Curvel m 635 m


B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte baixo e prado.
B.2.3. Especies crecemento .-   Pinos pola sua contorna.

B.3.1.- .1.1.  AUGAS

B.3.2 .- Cauces.-  Un forte cauce destácase dos demáis , atravesando a chaira do Curvel.
B.3.3 .-Depresións.- Pequenas depresións atravesan a chaira.
B.3.4 .- Ruta - Dous pequenos leitos corren , atravesando a chaira do Curvel en dirección leste-oeste, e outros tantos en dirección sul-norde, atravesando o  suave cordal para ir desembocar no Rego da Silvosa, no seu do seu val.-
B.3.5.- Berces.- A planicie do Curvel é fértil, con mais de un rego pequeno que baixa cara as chairas de Vilacama. É por tanto moi posible que un chisco mais arriba da planicie do Curvel sexa fogar de berces de novos cursos de auga. Non obstante está o carón dos Regos.
B.3.6.- Fontes.-  Posibles 

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados poligonais abertos e pechados Liñas ou camiños bordean promontorios circulares na confluencia con o sul da Silvosa. En xeral, longas liñas rectas .
Medidas xerais: entendemos o Curvel como un trapecio onde as suas bases miden 945 e 211 m respectivamente, e  734 m a cara dereita ( o cordal) e 722 m ( a liña de chantos e muros), tendo  unha lonxitude de 2,4 km e unha superficie de 46,95 Ha.

C.1.2.- Camiños principais .-  Moi usados e marcados.Dende o promontorio de a Veiga, iniciase unha suave baixada que remata no tramo da estrada Ferreira-Viveiro en forma de "bota" e dende o seu "tacón" tén o seu berce unha pista que vai atravesar a Veiga e a Silvosa con destiño final as Parañoas.

D) TOPONIMIA.- Curvel, Os Regos, A Veiga

E) XACIGOS  ( ver en seccións) 


F) AS SECCIÓNS :



Acordádevos que temos cada Zona diseccionada en 4 seccións, e éstas a sua vez de 9 subseccións. Diste meticuloso xeito, seremos capaces de detectar o instante cada xacigo , e facilitar a sua búsqueda in situ.


Sección A
1.- Xeografía.- Pinar de acceso, rego de Vilacampa que baixa e atravesa a estrada.
2.- Patrimonio.- .- Deixando o principio da chaira tumular de Vilacampa, subimos ó Curvel por unha pista ( a poucos de deixar o Chan das Arcas) a nosa esquerda... e a 300 m antes de chegar o Curvel, no pinar da nosa esquerda atopamos varios posibles túmulos



Coidamos moito de toda "novidade" que fique a beira dunha pista, porque podería tratarse só dun acumule de terra provinte da construcción da mesma. Neste caso esta grande masa tumular non è confusa, pola sua estructura e por  estar a máis de 10 m da pista.


Nestas duas fotos observamos a clásica "Mesa"; xacigo moi común que, como outros moitos, perteñécen a unhas famillas de xacigos todavia non clasificados como tales e por conseguinte, desprezados.

Rescatamos esta pena a carón da pista . 


En conxunción cos xacigos que nos preceden neste curto tramo do bosco de subida o Curvel, pásovos estas seis fotos pertenecentes a un gran túmulo xa esnaquizado pero con un grande esteo de pé.... mais poderiamos equivocarnos,  e este esteo ser unha pedrafita, podendo moi ben non pertenecer como parte da estructura, senón que ficaría independente.







Sección B
1.- Xeografía.- Entrada principal á chaira do Curvel, convertida nunha grande plataforma cunha forte aba cara o norde.
2.- Patrimonio.- .- Castro de Vilacampa.  Na Chaira do Curvel, ainda que ficando totalmente a prado, intúese estructuras habitacionais  no seu interior. Na extensión da Chaira non se observan demasiados complexos pétreos; ficando dous fortes refuxios no oriente da chaira; o carón do cordal de separación da Silvosa. 
No occidente, un pouco mais o sul do camiño de entrada existe unhas fortes penas espalladas a pouca distancia. Rexeitamos a sua contextualización como túmulos  por varias razóns: a sua situación dominante e privilexiada; a área na que están situadas ficando no seu centro unha grande lousa chan a modo de mesa. Polo tanto, elevamos a sospeita ( nunca definitiva) da existencia alí dun circulo de pedras.




Asi, tal cual, fáisenos dificil a sua composición nunha estructura concreta; mais non descartamos que ali existira un circulo de pedras.

O Circulo petreo situamos a entrada na Chaira do Curvel a esquerda, segun a imaxe.



Vista da parte oriental do Curvel e do suave cordal que o limita con a Silvosa, do que podedes ollar o camiño vertebrador do val da Silvosa a vosa dereita.

Vista central e occidental da Chaira do Curvel, lindando cos Regos.




Tres vistas da estructura central dun dos pasos fluviais dun pequeno rego , xusto no seu punto de baixada cara a Silvosa, no curuto do Cordal de separación.




Eiqui tedes tres vistas distintas de un dos poucos refuxios que fican na chaira do Curvel. Concretamente este fica na vertente oriental, a poucos do Cordal de separación con a Silvosa.



Vista trasversal do Curvel

Vista oriental da chaira do Curvel
Pedrafita principal sinalando o fondo da chaira do Curvel.  Esta imaxe e as duas que a preceden vos poden dar unha ideia da finalidade e lugar da ubicación da Pedrafita, sempre inzadas en lugares privilexiados. Está situada diante do outeiro, na sua aba.



Esta imaxe e as duas que a preceden sinalan a segunda pedrafita da serie ( Truncada), situada o exterior do outeiro.



Tipo de pedra circular.

Parte dunha estructura, posiblemente pedrafincada.

Pedrafita situada no final dos Regos , a beira do camiño cara o Curvel ( esta e as duas imaxenes que a preceden)



Pechamos a relacion de pedrafitas na área superior entre Os Regos, A Veiga, camiño cara o Curvel con esta imaxe e a que a precede


O chan da meseta do Curvel está totalmente a prado, mais podense ollar pequenos restos de penas esparcidas. Non se atoparan gardando un orde estructural.



Sección C
1.- Xeografía.- Liña arbolada colindando con liña de pedras que a modo de antiguo muro, delimitaba territorialmente a chaira pola sua parte occidental, na que a aba é bastante pronunciada, bordeando A Veiga.
2.- Patrimonio.- .- Posible refuxio na Veiga e restos dunha estructura defensiva ( muro ou muralla). No interior , afloran grande número de pedras semiocultas.




Pista de acceso que rodea polo seu pé a grande meseta do Curvel. Podedes ollar no fondo o camiño de acceso  o Curvel.

En primer término o camiño de acceso dende os altos do Curvel. No fondo tedes a pista da anterior foto que rodea a chaira tumular de Vilacampa.

Depresións e  fondos pliegues montañosos dos Penidos pola suas partes posteriores.
Liña separación territorial circunvalando o Curvel  dende a entrada  cara A Veiga, cara o su

Liña separación territorial ( restos estructura defensiva) dende a entrada cara o norde

Detalle da estructura




Sección D
1.- Xeografía.-  Outeiro do Curvel, e zona de baixada cara a fértil área dos Regos, onde tén o seu berce o Rego da Silvosa. Leito do camiño forte que vén dos Penidos.

2.- Patrimonio.- .. 2 Pedrafitas, e leito do camiño vello dos Penidos.  No Outeiro obsérvase estructura pétrea natural traballada a modo de parede curvanun ab rigo ; semellando unha parede doble en rocha natural.  Na aba norte do outeiro, grande pedrafita, e no seu  exterior , segunda pedrafita.





"Parede curva " no  complexo pétreo do outeiro do Curvel.
Por último, dende este outeiro do Curvel podemos ollar o camiño que une esta Área con o Penido Novo, atravesando A Veiga e Os Regos . As pedrafitas atopadas polas beiras deste camiño dán unha ideia da sua antiguedade. 




G) OBSERVACIÓNS .-   Podemos definir esta  grande Chaira  do Curvel como un asentamento ocupado en diversas etapas ; moi posiblemente a ocupación máis forte deriva do Neolítico , predecesor dos refuxios anteriores do Paleolítico alí existentes; para finalmente constituirse no lugar principal da grande necrópolis existente en todala sua bisbarra, cun forte circulo de pedras ou Cromlech, situado no lugar predominante a entrada do recinto.





RELACIÓNS DOS OITO BLOGS PROPOSTOS

                                        OS   OITO  BLOGS  DISTRIBUCIÒN XERAL DO TRABALLO:  Enlaces listos!! ( pinchade no enunci...