S4.-
VOLTA DOS CAMPOS
 |
| Cámara tumular do Chan das Arcas ( hoxe tapado de novo ) |
 |
| Parte sul do Chan das Arcas. Entre os pinos e o talud podedes ollar a demarcaciòn da mesma. No medio da foto figura un fondo no terreo onde debera existir antigamente unha "estructura sinalizadora"...pedrafita?. No primer plano, elevaciòn accidental do terreo: Dudamos entre un tùmulo ou amoreamento de terra pola construcciòn da pista. |
A)
DEFINICIÓN .-
Grande
chaira tumular con pequenos outeiros 529 (A e C.) Chaira intermedia
(B) collendo o final "curvo" da parte sul do Chao da Arca cun sendeiro que a rodea.
Gran Coto do Peche das Chantas (D.) Notase que esta grande zona de
Vilacampa estivo bastante povoada e ocupada con restos de
asentamentos de distintas epocas. Apuntamos finalmente a presencia
dun posible asentamento do Ferro con a sua croa no campo tumular no coto do Chao da Arca. A area de influencia desta zona notábase forte e activa, ocupada finalmente
por unha grande necrópolis que sube cara o Curvel (D)
.
B)
XENERALIDADES
B.1.1 TERRA
B.1.2-
Orografía.- Extensa
chaira con pequenos outeiros 529, 514, 516.
B.1.3 . O extenso outeiro da Volta dos Campos emerxe rodeado de chairas, servindo
de acougo e de abeiro òs lugares de Cotoxesto e Erbellás.
B.2.1
VEXETACIÓN
B.2.2
Tipo
monte
baixo
B.2.3.
Especies crecemento .-Pinos
e
esporádicas plantación de eucaliptus.
B.3.1.- .1.1.
AUGAS
B.3.2
.- Cauces e
Concas..- Rego
de Barcia (A)
B.3.3
.-Depresión non
moi fonda no Chao de Barcia .
B.3.4
.- Ruta e Concas .- non.
B.3.5.- Berces.-
non
B.3.6.- Fontes.-
?
C)
HÁBITAT
C.1.1.- Cercados,
Marcos.-peches
de arame (
D, B.)
Chaira aberta. Cercados
poligonais
abertas
ou pechadas.
Agas a longa liña de separacion do curvel, forman peches poligonais
con aristas de 90 grados.
C.1.2.- Camiños principais
.-Camiños
no centro chaira, bordeando o
Chao
da Arca. No
ponte do Val de Barcia fica un grande cruce de camiños: 1) pista
central do Trobo en bifurcacion coa pista cara as
aldeias de Cotoxesto e Erbellás; 2) pista sen asfaltar que sube a Fraga e Ermida de Santo Domingo e sigue cara o Penido dos Mouros; 3) pista que sube cara o caserìo da Barcia para proseguir cara a "Chaira da Porta de Sinàs" , bifurcàndose antes cara as Balsadas e o Penido Vello. Perto do grande tumulo da Chaira sale a pista cara o alto das Balsadas e finalmente a 30 m do Chan da Arca tèn o seu berce a pista que sube cara o Curvel.
D) TOPONIMIA.
Volta
dos Campos,
Vilacampa,
Erbellas,
Cotoxesto,
Santo
Domingo,
Trobo,
Abeleira, Chao da Arca, Curvel.
E) XACIGOS
.- Toda
a área constituie un enorme xacemento
tumular, Ermida de Santo Domingo.
Tumulos
grandes e imperceptibles
na grande chaira
, tumulos no Chao
da Arca,
extensa , abeirada e pechada área
adicada a prado e a pequena plantación de pinos; sospeitando a
existencia de posibles estructuras de
asentamentos fortificados, dada a forma
do seu peche. Ten unha planta compatible
con limites exteriores
dun asentamento do ferro, con unha posible croa na sua parte
superior.
No
seu caron no noroeste a poucos metros
observase unha pequena estructura circular.
Coto
moi ben gardado por grandes chantas, que chamaremos provisoriamente
“Peche das Chantas”, sospeitando dalgunha estructura no seu
interior.
Finalmente
apuntamos a existencia dun posible peche ovalado (B 7) .
F)
AS SECCIÓNS :
Sección
A.-
Xeografía.-
grande outeiro 529m
cun curuto achairado 516m
2.- Patrimonio.- .-
Area acotada con posible estructura a estudar.
 |
| Sempre con reservas, o final do sendeiro a esquerda aparècenos un arcaico cercado que garda a planta dun clasico asentamento do Neolitico. A foto està tomada dende o alto do mais grande tùmulo da extensa chaira . |
Sección
B
1.- Xeografía.-
Grande chaira tumular. A dereita fica o coto das Chantas ( 6)
Sección
C
1.- Xeografía.-
Sul do outeiro da
Volta dos Campos ( 514m) que da pé o paso do Rego do Chao de
Barcia. (6). Nas suas beiras existe unha pequena fraga que nos leva a
Ermida de Santo Domingo. No cruce fica o berce do camiño curvo que
nos levará a Sinas e a través da Chaira das Balsadas, os Penidos.
2.- Patrimonio.- .-
Un extenso pedregal (7 e 8) cun grande
numero de pedras dispersas ( o rañar o chan para preparalo
para plantación ) descúbrenos a importancia do lugar, a destacar
pola fraga e Ermida de Santo Domingo, moi preto do lugar.
Sección
D
1.- Xeografía.-
Cruce camiños cara a subida ó Curvel.
2.- Patrimonio.-
Varios tumulos impreceptibles sen estudar, facilmente confundibles
con amoreamento de terra provinte da construcción da pista.
 |
| O grande tùmulo |
 |
| "Artistada" feita no curuto do grande tùmulo. |
 |
| Siguen aflorando por toda esta zona grandes pedras, a medida que vas preparando o terreo para sementar eucaliptus. |
G)
OBSERVACIÓNS .-
Todavía
é cedo para elevarvos un diagnóstico certeiro desta Zona, mais todo
centro tumular ( como resalta esta área) convida a pensar na
importancia suma que tivera esta zona noutrora, ainda a pesares de
ficar hoxendía somentes tres pequenos caseríos. Creo que tén unha
grande relación ficar o carón do Chan das Arcas, que apuntamos
poderia constituir o grande (ou ùn dos grandes) asentamento do Ferro de
Vilacampa.
Todavia
non temos esta zona moi ben estudada, mais ben polos obstáculos que tivéramos para
desplazarnos libremente polo lugar; mais todo se andará. Sìrvase polo de pronto este pequeno estudo sò para a vosa identificaciòn e posterior coñecemento deste lugar; polo k iremos incorporando paseniñamente ò mesmo novas informaciòns que conleven a reafirmar ou non o denantes aportado.