S2.- A SILVOSA
A)
DEFINICIÓN
Alargada,
ancha grande e fértil chaira de terreo encharcado onde o brezo
mixtúrase con plantas acuáticas e abeirada polo cordal do Curvel e
o gran mazizo das Catedrais, abrindo o leito do Rego da Silvosa, que
torce dende o seu berce ( nos Regos) bordeando o cordal do Curvel e
torcendo despois cara o actual povoación da Silvosa que linda con a
Sabugueira dende os varios e pequenos outeiriños que abren o paso.
Detrás do depósito de auga elévase un pequeno outeiro limpo de monte baixo e poderiamos decir que " a erba" con algunha mámoa dispersa. |
Tumulo |
Emplazamento elevado no medio da chaira, salpidado de grandes penas semienterradas. |
Vista xeral desta pequena chaira carente de monte baixo |
B)
XENERALIDADES
B.1.1 TERRA-
B.1.2
.- Orografía .-
Terra
de traballo situada a rentes do Castro formando unha suave aba do seu
outeiro que desemboca na chaira da Silvosa, franqueada polo Cordal do
Curvel e o Mazizo das Catedrais, os Regos e a Santana.
B.1.3.
Outeiros
.
Varios
outeiros moi pequenos fican no medio da chaira no seu inicio, para ir
desaparecendo, formando unha lengua que chega ate os límites da
grande estribación do Penido Novo a través do seu Lombo da Camposa
con
os que conforman a pequena cordillera dos Penidos : ( Macizo das
Catedrais 554 m, Curvel 634m e o seu recando do Rego da Silvosa 541m,
e o seu cordal 538,, o Castro 454 m , Os Regos 662 m e o lugar do
berce do Rego da Silvosa 608 m, e o outeiro o carón da Catedral 501,
con o
centro da Silvosa 478 m
B.1.4..-
Chairas.
Gran
chaira da Silvosa na que fluien varias terrazas pequenas da aba do
mazizo das Catedrais.
B.2.1 VEXETACIÓN
B.2.2 Polo centro da chaira da Silvosa, temos terreo para pasto, rico en auga. Plantas acuáticas, e monte baixo nos terrenos que limitan co cordal do Curvel.
B.2.3.
Especies crecemento .- Pola
sua beira lindando con con a Sabugueira escomenzan as plantacións de
eucaliptus que se prolongan cara toda a Sabugueira.
B.3.1.- .1.1. AUGAS
B.3.2
.- Cauces e
Concas..-
Conca
do Rego da Silvosa que tén os seu berce na estribación dos Regos
608 m. Existe un segundo rego que tén o seu berce na metade da
Chaira da Silvosa e que pasa a rentes do Castro.
B.3.3
.-Depresións.- Suaves altibaixos do terreo completamente abeirados por sendas formacions montañosas, formando un val cunha climatoloxía propia.
B.3.4
.- Rutas.- Grande planicie alterada por accidentes de terreo a modo de suaves outeiros.
B.3.5.- Berces.-
Dous
berces. O primeiro na metade da Chaira dun pequeño rego que pasa a
rentes do Castro, e o berce dos Regos do Rego da Silvosa.
B.3.6.- Fontes.-
Non
as temos localizadas, ainda que moi posiblemente existan varios
puntos concretos e moi usados na antiguedade.
Temos o camiño da Silvosa cortado a 200 m sin alternativa da paso |
Na marxe dereita do camiño vai o suave Cordal que separa a Silvosa do Curvel |
Na dereita da foto vedes mellor a lonxitude do Cordal do Curvel. No fondo , os Penidos. |
Vista xeral da Chaira da Silvosa. Na amplitude da mesma vai o Rego da Silvosa, serpenteando e pasando a rentes dun posible asentamento. |
Situámonos mais ou menos na metade da chaira para tér unha ideia da vexetación e dos altibaixos da sua xeografía. |
No fondo do Val da Silvosa aparecenos novos camiños que suben cara os Penidos , a Sabugueira e a Santana. |
Vista xeral da Silvosa dende o norte da Camposa . Nela podedes apreciar o camiño a esquerda que vos servirá de referencia para situar os tramos dos que vimos falando. |
C) HÁBITAT
C.1.1.- Peches e Cercados .-
Longos
e rectos cercados na bisbarra da Santana; existindo pequenos peches
na bisbarra do Castro. Toda esta contorna achairada está pechada
totalmente por longas ringleiras de arame e as suas pistas de acceso
convenientemente pechadas sin alternativa de paso, o cal fai
imposible o acceso o camiño que circunda a Chaira da Silvosa, o non
sér baixando directamente polos camiños do Cordal do Curvel.
C.1.2.- Camiños principais
.-
Camiño
principal que parte do Castro , profundiza a través da Chaira da
Silvosa e baixa a través do Lombo da Camposa ate Veiga Mol, Parañoas
e terras inferiores. Existe un antergo cruce de camiños na parte
baixa do castro que comunica con camiños da Sabugueira e do Curvel.
D) TOPONIMIA .- Silvosa
E) XACIGOS
Refuxio / Atalalaia nun lugar predominante con pleno dominio da grande Chaira da Silvosa |
Xusto na beira do camiño, e onde aparta outro sendeiro que nos levaría a esta zona noutrora ocupada fican estas duas pedras; sendo a mais pequena compatible cunha arcaica ferramenta de traballo . |
F) AS SECCIÓNS :
Sección
A
1.-
Xeografía.-
Bisbarra do Castro , con as suas antergas terras de
influencia. Sempre presente un regato...
2.- Patrimonio.- .-
Zona de influencia directa do Castro. No S2/A/8
detectamos peche ovalado con camiños de entrada e cruce da Chaira,
existindo no S2/A/6 probas da alteración da paisaxe. Nos altos da
pequena chaira S2/A/5 detectamos unha posible mámoa, ben poidendo
existir máis mostras da presencia do home nesa contorna concreta.
Sección
B
1.- Xeografía.-
Rego da Silvosa que baixa de dereita a esquerda, formando
unha depresión que corta de dereita a esquerda esta sección.
Conexión anterga co norte e leste ( Sabugueira). Conexion anterga
norte e oeste.
2.- Patrimonio.- .-
Non estudado ante a imposilidade de acceso.
Sección
C
1.- Xeografía.- Grande chaira encharcada
do Rego da Silvosa. Un gran cercado divide a zona. Conexion anterga o
oeste ( Curvel).
2.- Patrimonio.- .-
Posiblemente existan asentamentos anteriores o asentamento do
Ferro existente.
Sección
D
1.- Xeografía.-
Grande macizo de 561 m “das catedrais” con conexion anterga o
leste, detrás do grande mazizo cara a Santana.
2.- Patrimonio.-
.. Moi posiblemente os fortes e profundos refuxios naturais deste
macizo foran reclamo para a presencia moi activa dos cazadores do
Paleolítico, con posible traslado o principio do Neolítico,
expandidos a propia chaira do seu pé. Todavía non a temos estudado
ante a imposiblidade de acceso.
Macizo das Catedrais dende a Camposa |
As Catedrais vistas dende o Curvel |
Bisbarra oeste do Macizo repovoada de pinos |
Aba do Macizo salpicada de grandes afloramentos. |
G) OBSERVACIÓNS .-
Subida a atalaia do Curvel polo seu Cordal
Para atravesar este cordal e achegarnos subindo o Curvel ou baixando a Silvosa teremos que atopar os diferentes pasos.... |
Na metade deste cordal aparécesenos este estrano deseño. Obviamente semella un cerrado , mais o estrano da sua soidade... |
Unha vista do maxestuoso cordal. No fondo, os Penidos. |