9.- TERCEIRA PARTE.
9.1
.- SITUACIÓN
Situámonos
na área norleste da Serra do Xistral, e que dominando a totalidade
do Valadouro (Mariña Lucense), está inscrita dentro das provincias
de Ourol, Muras, e Ferreira do Valadouro.
9.2
.- LIMITES
Esta
área a estudar que nos propoñemos situarémola na zona norte,
norleste da Serra do Xistral , (dos 43 º 33 27,89 N long. ate os
43º 30 10,31 N long. ; e dende os 7º 28 46,34 W ate os 7º 33
58,11W de latitude.), tendo 27,38 kilómetros cadrados de extensión.
Norde.
No
seu Norte, limita cos seguintes lugares e referencias xeográficas:
Mouxada,
Pé do Rio, Monte das Balsadas, Os Rubás, Vilacampa, o Trobo,
Azureira e Ribadela. Fai de fronteira a propia estrada
Ferreira-Viveiro
Leste.
Campo
da Sabugueira, Casanovas, Pedralba, Moxoeira, Frexulfe, Monte de
Ribeira.
Sul.
As
Veigas, Albardo, Rego Cavado, A Fraga do Xesto, Porto do Rio, Alto de
Onsolar, Pena Corral.
Oeste.
Zarza,
Pereiro, Teixueiras, A Gallega, Calexos, Pedra Chantada, Coto de
Vilariño, A Pena Grande, Pena Corral.
9.4
.- MÉTODO
1.-
Acotaremos no mapa oficial a escala 1:25.000 a zona a estudar. (1 cm
equivale a 250 metros).
Esta
zona escollida, a dividiremos –polas suas cuadrículas xeográficas-
en 49 partes ás que chamaremos “ZONAS”, que terán cada unha
delas 1 kilómetro cuadrado.
2
.- Cada unha destas 49 zonas, a sua vez, ímolas dividir en catro
partes cadradas, ás que chamaremos “SECCIÓNS”. Cada Sección
terá 500 metros cuadrados.
3
.- Cada sección a dividiremos en 9 partes, ás que chamaremos
“SUBSECCIÓNS”. Cada Subsección terá 166 metros cuadrados.
Tendo
ese esquema presente, iniciaremos o traballo; indo , Area a Area ,
diseccionando o territorio comprendido, dende as Zonas ( 1km2) ate as
subseccións ( 166 m ), tendo a finalidade de mirar metro a metro o
terreno proposto para reflexar neste estudo os achadegos atopados
Para
organizarnos no traballo, aparte da división pormenorizada en
sección, que relatamos abaixo; cómpre tér en
conta para cada sección datos tales
como a propia definición xeográfica elemental
como montes, chairas, cuncas fluviais,
depresións, etc) , asi como as suas
matizacións concretas tales
como puntos de auga, zonas abeiradas,
zonas de acceso, rutas do gando, Cotas
outeiros, Chairas,
Planta dos cercados, Liñas de marcos e lindes, Súbitos accidentes
de terreo, Toponimia, Camiños e
Relatorio
posibles xacigos.
Creo
que para realizar un bó e completo traballo, éste tén que ser
metódico e pausado; explorando, comprobando e investigando
absolutamente todo " aspirante" , para despóis trasladarlo
o listado final, onde ademais dos datos concretos, figura un tanto
por cen de vericidade do achádego atopado.
9.5
.- PLANIFICACIÓN
Areas
|
Letras
|
NOME
|
Superficie
|
Zonas
|
Seccions
|
Subseccións
|
|
1
|
Norde
|
S1/S7
|
Vilacampa
|
7 km2
|
7
|
28
|
252
|
2
|
Oriental
Noroeste
|
A/B (1,
2, 3 )
|
Sinás
|
6 km2
|
6
|
24
|
216
|
3
|
Oriental
Norleste
|
1 ó 12
|
Os Penidos
|
12 km2
|
12
|
48
|
432
|
4
|
Oriental
Surleste
|
13 ó 20
|
Terras intermedias
|
12 km2
|
12
|
48
|
432
|
5
|
Oriental
Suroeste
|
C/D/E/F (1,
2, 3)
|
Terras Altas
|
12 km2
|
12
|
48
|
432
|
TOTAL
|
AREA
SEPTENTRIONAL
|
49 km2
|
49
|
196
|
1764
|
9.6.-
ACCESOS
Son
varios puntos concretos dende onde podremos acceder a zona estudada.
NORTE ( a Área que nos interesa saber neste 2 BLOG)
Dende
a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 9 km de Ourol no lugar de
Xestido coller desviacion a dereita e seguir ate Zarza, onde
colleremos desviacion a esquerda, entrando na pista de terra. Teredes
que estar atentos, pois a poucos metros colleremos duas desviacións,
a primeira a esquerda e a segunda á dereita. Seguiremos rectos
durante 3,30 km e chegaremos a Sinás.
Dende
a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 15,50 km de Ourol , no
lugar do Trobo, no mesmo centro do lugar de Vilacampa atoparemos cun
cruce onde colleremos a dereita. Esta pista de terra levarános en
primeiras ó Campo da Arca e si seguides, levarávos a grande chaira
tumular.
Dende
a estrada de Ourol a Ferreira, no punto a 19,80 km de Ourol na área
recreativa colleremos unha pista de terra ( a poucos collede a
dereita ) que nos levará a zona da Sabugueira para acabar na Área
da Santana.
LESTE.-
Dende
a estrada de Ferreira a Abadín , a 3 km de Ferreira, no cruce das
Naranxeiras colleremos a dereita ate subir o castro de Recaré polo
seu Via Crucis, e pasado a Igrexa collemos desviación a esquerda
para despois do lugar das Pardellas coller cruce a dereita, que nos
levará a área recreativa do Curro da Rapa das Bestas de Santomé,
para de seguido enfilar a estradiña de terra que nos levará o
corazón dos Penidos.
Pista
de subida no Escallal: Poderedes ir de dous xeitos :
1.-
Proseguimos pista anterior despois do cruce os Penidos ( despois das
Pardellas) , para atopar esta pista de subida a 2,91 km a dereita.
2.-
Proseguimos pola Estrada de Ferreira o Cadramón, e pasado 250 m de
Frexulfe, a 6, 8 km de Ferreira, no cruce do lugar do Pazo coller a
dereita. Continuaredes 1,68 km ate bater con esta mesma pista de
subida a esquerda.
Nesta
mesma estrada Ferreira-O Cadramón, poderedes continuar , e a 2,50
km desde Frexulfe, no lugar de Freixido atoparedes pista a dereita
que seguiredes ate bater con esta pista reseñada anteriormente.
SUL :
Dende
a estrada de Ferreira a Abadín no km 12, antes de entrar no lugar do
Cadramón colleremos pista cara o lugar de Albardo que pasaremos e
seguiremos a liña eólica ate achegarnos as chairas tumulares dos
Xestos e terras baixas da Serra do Xistral.
Dende
a estrada de Ferreira a Abadin, a 2, 17 km despois de pasado o lugar
do Cadramón e enfronte da Capela de Santa Filomena colleremos a
dereita unha pista que nos levará as terras altas da Serra do
Xistral.
OESTE.-
No
lugar de Silán, entre os lugares de Igrexa, O Candeal e o de
Castrosol tén o seu berce unha pista que nos levará o Parque Eolico
da Pena Grande. Seguindo pola pista principal levaranos o Alto de
Onsolar; unha das cumes da Serra do Xistral.